Todos os Santos e Fieis Defuntos: na memoria de todos os nosos seres queridos

O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol presidirá a eucaristía do próximo 2 de novembro no cemiterio municipal de Catabois de Ferrol

Novembro é un mes tradicionalmente dedicado á lembranza e a oración polos nosos seres queridosas. Por iso, parroquias e UPA da nosa diocese organizaranse diferentes celebracións que oportunamente comunicarán á freguesía

No caso da cidade de Ferrol, no cemiterio municipal de Catabois, celebrarase unha eucaristía vespertina en ambas xornadas, ás 17:00 horas, tanto o sábado 1 de novembro como o domingo 2 de novembro

A eucaristía do domingo estará presidida polo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos

Memoria
Memoria
Fernando García Cadiñanos, obispo de Mondoñedo-Ferrol
30 oct 2025 - 10:35

O día de Todos os Santos (1 de novembro) e a conmemoración dos Fieis Defuntos (2 de novembro) dan comezo a novembro, un mes tradicionalmente dedicado á lembranza e a oración polos nosos seres queridos. É unha tradición moi arraigada na nosa cultura coa visita aos cemiterios e a oración por todos os defuntos.

Con este motivo, nas parroquias e UPA da nosa diocese organizaranse diferentes celebracións que oportunamente comunicarán á freguesía.

Creemos. Crecemos. Contigo

Eucaristías no cemiterio municipal de Ferrol

No caso da cidade de Ferrol, no cemiterio municipal de Catabois, celebrarase unha eucaristía vespertina en ambas xornadas. Esta cerimonia relixiosa, dedicada ao recordo e a oración polos seres queridos falecidos, terá lugar ás 17:00 horas, tanto o sábado 1 de novembro como o domingo 2 de novembro. A eucaristía do domingo estará presidida polo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.

Desde a nosa diocese convídase a todas aquelas persoas que o desexen a participar nestas eucaristías.

Cemiterio municipal de Catabois de Ferrol
Cemiterio municipal de Catabois de Ferrol

También te puede interesar

Lo último

stats