Comparto el himno que en su día escribí para el Diurnal gallego, para la fiesta de la Ascensión. Lo comparto, por si alguien quiere rezar con él
Santiago Agrelo
Ascensión
O corazón xa o sabe,
con ser misterio,
que o teu camiño leva
onda Deus mesmo;
Xesús amigo,
o corazón quixera
marchar contigo.
Antes de te elevares
á túa gloria,
dáslle en misión á Igrexa
a terra toda;
dáslle o evanxeo
para facer do mundo
fiestra do ceo.
Aínda que os ollos seguen
de Ti prendidos,
xa vai de présa a Igrexa
polos camiños,
e dá na historia
contigo, a quen ollara
levado á gloria.
Neste día de festa,
¡como reloce
a humanidade nova
que ó ceo sobe!
Xesús amigo,
o corazón xa o sabe
¡que está contigo!
Amén.
Consigue el libro despedida al papa Francisco