3 may 2024

Lembranza agradecida de Engracia Vidal Estévez: "Sen ela Encrucillada resulta impensable"

"Facer en Encrucillada memoria de Engracia, sería como lembrar a auga das nosas rías. Engracia non só forma parte inseparable da revista ao longo dos seus máis de corenta nos, senón que tivo parte moi principal no nacemento"

"Despois, como secretaria e moito máis ca secretaria, foi coidadora fiel e fundamental no seu crece-mento e maduración. Sen ela Encrucillada resulta impensable. Hai fonda sensación de orfandade"

"Por iso non me puiden resistir a un simple in memóriam, que parecería arredala para sempre de nós. Tampouco sería verdadeiramente unha reacción cristiá"

25 ene 2024

Faleceu Engracia Vidal Estévez a nosa compañeira, a alma de Encrucillada

O 23 de xaneiro faleceu Engracia. Ela foi unha muller pioneira en moitos eidos pero sobre todo a alma de Encrucillada desde que a revista iniciou a sua andaina. Muller loitadora, sempre esperanzada, camiñante sen tempo para mirara atras

Engracia foi e será sempre inspiración, testemuña de fe e galeguidade, amiga e complice. Botáremosla en falta pero seguira con nos en cada cousa que emprendamos. Graciñas Engracia