23 ene 2024

O arcebispo de Santiago abre a exposición que conmemora os 55 anos da liturxia en galego

O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, participou hoxe na apertura da exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024)

Impulsada pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Arcebispado de Santiago de Compostela

Afirmou que “a lingua fala do que somos cada un de nós, do que somos como persoas, como familia e como pobo. Polo tanto, falar da liturxia en galego é falar desa lingua”

Composta por seis paneis, a mostra recolle o percorrido da lingua galega na liturxia nestes 55 anos partindo da aprobación, en 1963, do uso das linguas vernáculas na liturxia no Concilio Vaticano II ata a aprobación, cinco anos máis tarde, do galego como lingua litúrxica nas dioceses de Galicia

As persoas interesadas poderán visitar a mostra no claustro pequeno do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde estará dispoñible ata o 29 de febreiro