Xesús fronte aos psicólogos

Neste mundo noso, no que son tan abondosos os mestres ou gurus, expertos e mais especialistas, custa moito achegarse á persoa de Xesus sen pensar nel como noutro dos grandes mestres espirituais da Humanidade: Sócrates, Xesus, Buda...Tamen Xesus tivo discipulos: os que seguiron a sua doutrina e souberon facer chegar a sua mensaxe de amor universal. O feito de falarmos, nós hoxe, de "discípulos" ou de "mensaxe" xa fala de seu: Xesus é logo outro mestre....Se non o fora non tería discipulos nin mensaxe. Na nosa espiritualidade á carta, podemolo elixir coma mestre noso. Ou mesturar, se cadra, a sua doutrina ca de Buda. Ou vela reflectida na dos mestres do moderno hinduismo. Cadaquen escolle as crenzas ou doutrinas que mellor lle parecen. Cadaquen segue ao seu mestre.

A Xesus, porén, non somos nosoutros quen de elixilo coma mestre noso. Somos quen de elixir e seguir a doutrina de Buda, por exemplo. A mensaxe de Xesus non somos quen de seguila. Non somos nosoutros os que eliximos e seguimos as pegadas de Xesus. E o mesmo Xesus o que elixe e chama aos seus discipulos. Se non temos isto en conta non daremos distinguido a Xesus dos mestres e gurus espirituais que somos quen de seguir neste mundo noso. O feito de sermos nos os elixidos e chamados e non os que elixen á carta ou segundo as suas comenencias e a cerna do conto. A mín, alomenos, pareceme moi esquecida nestes tempos nosos a diferenza entre Xesus e os mestres espirituais. Esquecida mesmo polos cristians, que seguen doutrinas e mestres que falan moito de Xesus pero pouco do que lle afasta dos grandes mestres.

Ao meu entender, non son aqueles pescadores que deixaron os seus aparellos á beira do mar de Galilea e seguiron a Xesus converténdose dese xeito nos seus primeiros discípulos os que mellor nos poden axudar a entender hoxe a diferenza entre Xesus e os mestres  espirituais. O Evanxeo falanos doutros discipulos. Non sabemos os seus nomes pero tivo que habelos. Refírome aos que puido haber entre os doentes e endiañados que Xesus sandou. Aqueles pescadores puideron deixar os seus aparellos á beira do mar e seguir a Xesus cos seus pes. Foron quen de deixalo todo e seguir ao seu mestre. Os doentes, en troques, non eran quen de facer nada. Non eran quen, nin sequera, de achegarse a Xesus. Da sogra de Simon, por exemplo, dinos o Evanxeo que estaba deitada con febre. Foi o mesmo Xesus o que, "achegandose, colleuna pola man e ergueuna". O Evanxeo dinos tamen que "chegada a tardiña, levaronlle a Xesus todolos doentes e mais endemoñados...". Non foron eles...

Se hai unha cousa á que lle temos medo os homes do noso tempo e a non sermos quen de facer nada por nos mesmos, sen axuda. A non valermonos. Sermos independentes e o primeiro dos nosos valores. Non precisar de ninguen. De feito os gurus da psicoloxia mesturada coa relixion que atopamos na internet non falan doutra cousa: "se ti mesmo, fai o teu camiño en soidade, so con Deus...todo aquilo do que precisas telo dentro de ti. Eu sou o teu mestre e vouche axudar".
Supoño que por iso, cando pensamos nos primeiros discípulos de Xesus so acordamos dos que deixaron os aparellos. Non pensamos nos que non puideron deixar nin o seu leito, nos que non puideron achegarse a Xesus, nos que foron levados nas padiolas, nos dependentes de todo...

Xesus non vai sandar a todos os que lle andaban a buscar. Isto tamen e moi importante telo en conta. Non vira so sandar. Vira tamen predicar dun sitio a outro. A palabra tamen sanda. Sanda porque chega ao corazon de cadaquen. Non deixa indiferente a ninguen. Fai o seu traballo, como dixo o profeta...Non e o traballo que facemos nós ao meditala ou estudala. Os mestres e os psicologos convidannos a facer un traballo, a "traballarmonos a nos mesmos". A Palabra de Deus, en troques, non nos convida a traballar. Todo o traballo faino ela. Todo o traballo fixoo dunha vez por sempre a Palabra feita home, morto e resucitado por nos. Ao que nos convida a Palabra de Xesus e a acollela na nosa vida. A acollermonos os uns aos outros nela. So iso. Mais nada e non che e pouco...

Volver arriba