"Vimos de lonxe, somos moitas, e alzamos a voz para dicir abonda e esixir unha Igrexa nova" 8M: Manifesto das Mulleres na Igrexa-Alcem La Veu

No marco das xornadas feministas do 8 de marzo, as mulleres crentes, de movementos e comunidades, saímos á rúa o domingo día 9 para alzar a nosa voz e dicir que camiñamos xuntas pola Igualdade e a dignidade na Igrexa!
Dicimos abonda xa á discriminación por razón do sexo ou do xénero. Cantas mulleres vemos representando a institución? Cantas poden tomar parte na toma das decisións? Cantas teólogas traballan nas facultades de teoloxía, cantas acompañan espiritualmente, cantas son formadoras nos seminarios?
| Mulleres Cristiás Galegas Exeria / Revolta das mulleres na Igrexa
No marco das xornadas feministas do 8 de marzo, as mulleres crentes, de movementos e comunidades, saímos á rúa o domingo día 9 para alzar a nosa voz e dicir que camiñamos xuntas pola Igualdade e a dignidade na Igrexa!
VIMOS DE LONXE
Vimos dunha longa tradición feminista que loitou pola dignidade das mulleres, que esixiu a igualdade de dereitos, poder votar, liberdade sexual e reprodutiva, e no século XXI recoñécese diversa, móstrase cunha forza nova e renovada, e este domingo 9 de marzo sae de novo á rúa para alzar a voz e dicir Abonda xa!
Vimos das mulleres valentes e libres das primeiras comunidades cristiás, e de todas as que ao longo da historia negáronse a quedar recluídas nos roles secundarios e invisibles a que a tradición eclesial e teolóxica queríaas someter.
Vimos da boa noticia dun Xesús que transgrede as normas dunha sociedade fondamente patriarcal. Vimos dunha Igrexa que nos seus inicios fixo da igualdade entre homes e mulleres unha das achegas máis radicais do cristianismo á historia da humanidade. Recuperémola!
SOMOS MOITAS
Somos moitas as que en todo o mundo alzamos a voz.
En Galicia, ¡¡¡este domingo!!! Os dejamos el enlace a las convocatorias con las distintas ciudades✌🏽️✌🏽️✌🏽️✌🏽️ https://t.co/HoL15HGvQh#hastaquelaigualdadsehagacostumbre#revueltademujeresenlaiglesia
— Revuelta de Mujeres en la Iglesia (@RevueltaMujeres) March 4, 2025
Somos maioría nas tarefas de voluntariado, nas celebracións relixiosas, como catequistas, nos consellos parroquiais. Somos moitas nos movementos, asociacións, centros recreativos e no mundo educativo da infancia e mocidade. Son incontables as congregacións de relixiosas que traballan día a día polos dereitos dos máis vulnerables.
Quen constitúe unha parte importante da Igrexa no século XXI? Nós!
¡¡¡Con voto, con voz, así nos quiere Dios!!! Este domingo lo hemos cantado y el próximo día 9 lo seguiremos gritando en la puerta de las catedrales.Busca tu ciudad y súmate contra la discriminación.#hastaquelaigualdadsehagacostumbreenlaiglesua#revueltademujeresenlaIglesiapic.twitter.com/thLcErZlBR
— Revuelta de Mujeres en la Iglesia (@RevueltaMujeres) March 3, 2025
DICIMOS ABONDA XA!
- Dicimos abonda xa a ser invisibilizadas e silenciadas.
- Dicimos abonda xa a ser tratadas con condescendencia coma se fósemos menores de idade.
- Dicimos abonda xa á discriminación por razón do sexo ou do xénero. Cantas mulleres vemos representando a institución? Cantas poden tomar parte na toma das decisións? Cantas teólogas traballan nas facultades de teoloxía, cantas acompañan espiritualmente, cantas son formadoras nos seminarios?
- Dicimos abonda xa a que se nos negue o sacerdocio debido ao noso corpo, un corpo que sempre está baixo sospeita.
- Abonda xa dunha visión negativa da sexualidade, que crea sufrimento.
- Abonda xa dunha imaxe dun Deus exclusivamente masculino.
Alcemos la Voz pide “el acceso de las mujeres al diaconado y al presbiterado” en una Iglesia “inclusiva e igualitaria” #Espanahttps://t.co/9iIwSaxIz7 vía @ReligionDigit
— Católicas y Feministas (@iglesiaMujeres) March 3, 2025
IMAXINAMOS E CONSTRUÍMOS UNHA IGREXA NOVA
- Unha Igrexa que é comunidade de iguais, onde a muller é recoñecida como suxeito de pleno dereito, con voz e voto en todas partes, onde a muller é valorada polos propios talentos, carismas e achegas ás comunidades.
- Unha Igrexa onde o liderado é compartido entre mulleres e homes, laicos, laicas, persoas consagradas e sacerdotes. Unha igrexa paritaria, máis plural e menos xerárquica.
- Unha Igrexa que acompaña sen xulgar toda a diversidade das familias, de identidades e orientacións sexuais.
- Unha Igrexa onde as mulleres xa somos, e recoñecémonos con autoridade e liderado.
- Unha Igrexa que xa hoxe é semente de futuro.
Vimos de lonxe, somos moitas, e alzamos a voz para dicir abonda e esixir unha Igrexa nova que este 9 de marzo de 2025 dá un novo paso adiante.